Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 250 deportistas participarán este sábado na Bandeira Concello de Redondela de Bateis

RR_Noticias

O CCD Cesantes organiza esta proba, que arrancará ás 16.00 horas en augas da enseada de San Simón coa participación dunha ducia de clubs da provincia.Na regata repartiranse dez bandeiras, unha para cada categoría tanto masculina como feminina.

Jorge Rodríguez, presidente do CCD Cesantes, destaca que se trata dunha das poucas regatas que ofrece este premio aos clubs, e confía en que os bateis da entidade redondelá fagan “un bo papel” diante do seu público. A pasada fin de semana, no arranque da temporada de bateis, o remo redondelán sumou sete medallas, catro para o CR Chapela e tres para Cesantes. Na Bandeira Concello de Vigo de Bateis o Cesantes acadou dous bronces, nas categorías xuvenil e absoluta masculina, mentres que na Bandeira Confraría de Pescadores de Vilaxoán foron ouro cos xuvenís. Rodríguez é consciente de que a temporada será longa, e que deben medirse a rivais “de moita entidade” como Samertolaméu, Mecos ou Tirán, pero confía en facer un bo papel e clasificar para o Campionato Galego ao batel xuvenil, sen descartar tampouco ao sénior, e tentar o pase tamén para a proba estatal. Os bos resultados acadados no comezo de temporada ilusionan ao club, e son froito do “excelente traballo feito ao longo de todo o inverno”. Desde que comezaron a adestrar todas as categorías, en outubro, completaron un calendario moi esixente con sesións tanto en terra coma no mar. E iso que seguen sen contar cunhas instalacións “dignas”. Instalacións deficientes No club de Cesantes levan anos reivindicando melloras nas súas dependencias, tanto na praia de Cesantes como no Peirao. Rodríguez recoñece que “non é doado” acadar unha solución, e levan tempo en conversas tanto co Concello de Redondela como coa Deputación de Pontevedra para resolver o problema. O presidente amósase optimista de cara a un futuro “próximo” para que se melloren as condicións das súas instalacións. No CCD Cesantes son conscientes de que unhas mellores instalacións axudarían a ampliar a súa canteira, ao ofrecerlle aos nenos e nenas uhas dependencias “dignas” onde facer deporte. O presidente explica que nos últimos anos o club foi mellorando as instalacións “na medida das súas posibilidades” e tamén agradece o traballo dos propios remeiros, que durante o pasado verán traballaron no edificio que o club ten no peirao para acondicionalo por dentro.

Jorge Rodríguez presidente do CCD Cesantes
É unha das poucas regatas que ofrece bandeiras para todas as categorías e confía en que os bateis de Cesantes fagan "un bo papel".
Obxectivos do CCD Cesantes
Rodríguez confía en facer un bo papel e clasificar para o Campionato Galego ao batel xuvenil sen descartar tampouco ao sénior.
Instalacións deficientes
No club de Cesantes levan anos reivindicando melloras nas súas dependencias tanto na praia de Cesantes como no Peirao.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará