Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rende homenaxe á mestra Paulina

RR_Noticias

O Concello de Redondela ofrecerá o sábado 16 unha homenaxe a Paulina Sánchez, nomeada Personaxe do Ano polo Concello no 2017. O acto terá lugar ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira e consistirá na proxección dun audiovisual en torno a mestra Paulina, a presentación do libro “mestra de soños” e un pequeno concerto a cargo da Orquestra de Saxos.

O Concello de Redondela rende así homenaxe a esta muller de letras, que dedicou gran parte do seu tempo aos demais. Ademais, a educadora deixou unha pegada indeleble a aquelas persoas que a trataron, en maior ou menor medida, polo seu carácter filantrópico, moderno e rompedor en moitos sentidos, e que sendo como era mestra de escola, chegou a ser unha gran dinamizadora dos actos culturais da Redondela do século pasado, a través do teatro, a danza, a poesía etc.
Paulina era unha muller de carácter moi extrovertido da que falarán persoas que a coñeceron en vida, nun documental que se presentará por vez primeira e que irá acompañado da presentación dun traballo biográfico escrito que leva o mesmo título, “Mestra de soños” con textos do alcalde Javier Bas, Telmo Tojeiro, José Sanchez Reboredo e Marita Sánchez Reboredo. O acto estará amenizado por parte da Orquestra de Saxos de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará