Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

15.000 sinaturas esixen a eliminación da peaxe en Rande

RR_Noticias

Durante as tres primeiras semanas da campaña de recollida de firmas foron preto de quince mil as persoas que asinaron a petición de eliminación da peaxe en Rande. Recollida que continuará nas vindeiras semanas e que se fará extensible aos concellos limítrofes. Tamén se buscará o “compromiso firme” dos partidos para que inclúan no seu programa electoral, de cara ás eleccións do 28 de abril, a eliminación da peaxe.

Estes foron os principais acordos que tomaron a Asociacións de Veciños de Chapela e Trasmañó, a Plataforma de Afectados pola AP-9, a Asociación de Empresarios de Redondela, que se reuniron este venres no Multiúsos da Xunqueira convocados polo alcalde de Redondela e na que tamén participou a Federación de Veciños de Vigo. Unha xuntanza na que Javier Bas agradeceu a implicación e o traballo realizado polos colectivos na campaña “Basta peaXe Rande” que conseguiu preto de 15.000 firmas en tres semanas. Unhas firmas que estaba previsto entregarlle a Fomento na reunión da comisión mixta de Xunta e Ministerio en Madrid e que agora quedan pendentes dos cambios que se poidan producir pola convocatoria de eleccións xerais o 28 de abril. A campaña de recollida de sinaturas continuará nas próximas semanas e levarase aos concellos da área metropolitana para conseguir o maior número de apoios posibles. Malia o cambio de escenario político, o concello, colectivos sociais e plataforma de afectados continúan apostando pola celebración dunha gran mobilización aínda que todo dependerá dos cambios que provoque esa convocatoria electoral.    

15.000 firmas
O alcalde de Redondela amosaba a súa satisfacción pola cantidade de sinaturas conseguidas até o momento e agradecía o traballo dos colectivos
Cambio escenario político
A convocatoria de eleccións xerais para o 28 de abril cambia as previsións que se barallaban. Agora á espera dos próximos movementos en Madrid.
Eliminación peaxe programas electorais
Instarase aos partidos políticos a nivel nacional a que inclúan a supresión da peaxe nos seus programas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará