Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os autónomos mobilízanse polos seus dereitos

RR_Noticias

AUPA, a asociación de Autónomos Unidos para Actuar, chama a este sector a mobilizarse mañá venres, día15 de febreiro. O obxectivo principal desta protesta, que foi convocada a nivel nacional, é lograr unha equiparación en dereitos cos traballadores por conta allea. En Vigo a concentración será ás 11.00 horas diante do museo MARCO.

A plataforma, que está dirixida aos autónomos de toda España, foi creada a través das redes sociais e actualmente contan con máis de 40.000 socios. Rosana Alonso, autónoma de Redondela, explica que convocaron a manifestación de mañá “co único obxectivo de lograr melloras laborais para este sector da sociedade”. A iniciativa xorde coa idea de recoller as queixas dun sector “que non sente valorado” polas administracións públicas, ás que acusan de ser “os responsables do peche de moitos negocios polos altos impostos”. As principais reivindicacións de AUPA son lograr “a equiparación en dereitos cos traballadores por conta allea, a redución da cota que pagan á Seguridade Social e a baixada do IVE”. Ademais, piden que os autónomos con salarios por baixo do SMI abonen só 50 euros de cota, así como cotizacións esporádicas ou por días para aqueles que só traballen uns días ao mes.

Rosana Alonso autónoma
A plataforma está dirixida aos autónomos de toda España. Foi creada a través das redes sociais e actualmente contan con máis de 40.000 socios.
Mobilización 15 de febreiro
O obxectivo principal desta protesta é lograr unha equiparación en dereitos cos traballadores por conta allea.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará