Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior propón un acordo polo saneamento da Ría de Vigo

RR_Noticias

O grupo nacionalista solicitou a celebración dun pleno extraordinario para abordar a situación da ría e chegar a un acordo para o seu sanemento integral. O portavoz municipal, Manu Lourenzo, reunise co patrón maior de Arcade e recolleu as demandas de melloras por parte do sector pesqueiro e marisquiero.

Son máis de 200 as familias do municipio que dependen directamente dos recursos da ría. Lourenzo advirte que se trata dun sector “estratéxico” para Soutomaior, non só pola pesca e o marisqueo, senón tamén polo turismo, a pesca deportiva, etc. O responsable local do BNG tamén abordou a problemática do saneamento na ría de Vigo xunto coa portavoz nacional do BNG Ana Pontón, e coa Eurodeputada do BNG Ana Miranda. De feito o BNG tamén defenderá noParlamento galego unha iniciativa para esixir financiación estatal para sanear a ría. Lourenzo sinalou que dende o BNG tomarán “todas as medidas necesarias para defender o medio ambiente e para defender aos nosos mariñeiros e mariscadoras”. Denuncia que durante anos recibiron “anuncios pantasma”, e esixe que se agora se adopte unha solución “definitiva”, tanto nas EDAR (estadións depuradoras de augas residuais), como nas separativas de augas pluviais e fecais. Lembra que hai máis de 6 meses o alcalde Agustín Reguera e o responsable de Augas de Galicia anunciaron un investimento de 2,5 millóns de euros para as Depuradores de Arcade e Comboa. Medio ano despois “esa partida non aparecen por ningures”. Lourenzo defenden que é preciso chegar a un acordo “entre todos”e demandarán tamén axudas para o sector marisqueiro cos que abordar problemas importantes como a mortaldade da ameixa.

Manu Lourenzo portavoz municipal do BNG
Lourenzo advirte que se trata dun sector "estratéxico" para Soutomaior non só pola pesca e o marisqueo senón tamén polo turismo.
Anuncios pantasma
Hai seis meses anunciaron 25 millóns de euros para mellorar as depuradoras pero nos orzamentos non aperece esa partida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará