Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela propón a Federico García Lorca como homenaxeado no Día das Letras Galegas

RR_Noticias

Os votos a favor de PP e PSOE permitiron sacar adiante unha proposta que levaba a pleno o grupo de goberno a iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística e que non contou co apoio do resto dos grupos da oposición. AER, BNG e o edil non adscrito, ademais de criticar o que consideran unha “moción cargada de cinismo ao presentala un grupo que no condena o réxime franquista que asasinou a Lorca” entenden que malia a importancia de Lorca para a literatura universal o homenaxeado no día das Letras debería ser un escritor ou escritora cuxa obras estea escrita maioritariamente en galego.

Os argumentos defendidos dende a Concellería de Cultura para propoñer a candidatura de Lorca como escritor homenaxeado no día das letras galegas céntranse na súa vinculación con Galicia, sendo o noso idioma o único empregado polo escritor máis aló do español. Neste sentido facía referencia a edil Teresa París a súa obra “Seis poemas gallegos” cuxa difusión, segundo dixo “permite que o noso idioma sexa coñecido en todo o mundo”. Malia coincidir o resto dos grupos en recoñecer o enorme valor e mérito que supón que o poeta más traducido en castelán escribira tamén en galego, deixando para a historia seis poemas escritos en galego, criticaban aos populares por obviar na súa proposta que o poeta foi asasinado polas súas ideas e pola súa homosexualidade por una réxime que “o PP se nega a condenar”. Tamén apuntaban dende os grupos da oposición (AER, BNG e edil non adscrito) que existen outros escritores cuxa obra é maioritariamente en galego, cunha produción neste idioma moito máis extensa e que merecen ser recoñecidos no día das Letra Galegas, polo que decidiron non apoiar a moción. Si o fixo o PSOE ao tempo que reclamaba do grupo de goberno que cando se fale de Lorca “non se esquezan de lembrar a súa adhesión política e o seu compromiso social”.  

Enrique Fojo edil non adscrito
Cualifica de cinismo político a proposta do PP
Xoán Carlos González BNG
Un poema sen tumba que segue nas cunetas
Xosé Covelo AER
Reclama que este recoñecemento se lle dea a outros escritores/as galegos
Anabel Rey PSOE
O PSOE malia secundar a proposta do PP critica que non se fale da adscrición política de García Lorca
Teresa París PP
Defende que se valore ao escritor pola súa obra literaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará