Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a I Semana da Ciencia no Multiúsos de Arcade

RR_Noticias

A iniciativa inclúe actividades nos centros escolares e varias charlas e talleres no multiusos de Arcade que se van desenvolver dende hoxe venres ata o sábado 16. A semana da ciencia arrinca esta mesma tarde cunha charla-coloquio no multiusos ás 20:00 horas, a cargo de Raquel Barbosa sobre os efectos do gas radón na saúde. Unha proposta das concellarías de Mocidade, Educación e Igualdade, creada co obxectivo de fomentar a cultura científica entre a cidadanía facendo especial fincapé no papel da muller na ciencia aproveitando que o vindeiro día 11 se celebra o Día Internacional da nena e a muller na Ciencia.

A iniciativa inclúe máis de 10 actividades dirixidas a veciños de todas as idades, desde os talleres e museos interactivos dirixidos aos máis pequenos á actividade “A ciencia non ten idade”, que levará a cabo no Centro de Día de Arcade e no que os participantes aprenderán a resolver problemas de forma creativa fomentando a memoria, as destrezas motoras e a imaxinación.
Os centros educativos públicos do municipio tamén servirán de escenario para varias das actividades da Semana da Ciencia. O CEIP PadinTruiteiro acollerá o taller “Water: o poder da auga”, no que os alumnos aprenderán o valor deste recurso natural, así como a necesidade de conservalo. Pola súa banda, os alumnos do IES Soutomaior participarán en dúas actividades centradas no mundo mineral e o electromagnetismo.
Do mesmo xeito, durante toda a Semana da Ciencia, a Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade contará cun punto de lectura específico para pór en valor o papel das mulleres na historia da ciencia e dar visibilidade ás grandes fazañas científicas que viron a luz grazas a mulleres como Marie Curie, Rosalin Franklin ou Beira Rubin.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou a necesidade levar a cabo iniciativas como esta para fomentar a cultura científica entre os máis novos e de paso achegar unha perspectiva de xénero coa que contribuímos a que a poboación recoñeza o papel fundamental das mulleres científicas na nosa sociedade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará