Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación ve “mala fe” na negativa do concello a ceder o Multiúsos para unha presentación

RR_Noticias

O goberno provincial cualifica de “sectarismo do PP” a negativa do alcalde a ceder o multiúsos para a presentación do libro “8 olladas da folga feminista do 8-M” que fora aprazada para este xoves para non coincidir co pleno municipal da semana pasada. Finalmente a Deputación traslada a presentación ao Convento de Vilavella este xoves ás 20:00 horas.

As críticas xorden ante o comunicado do alcalde Javier Bas que a Deputación recibía este luns “comunícannos por sorpresa a súa negativa a que a presentación se celebre este xoves, aducindo o cambio de data do pleno “casualmente” para ese mesmo día” malia que con anterioridade si lle tiñan concedido este espazo. O goberno provincial cualificou de “incomprensible este cambio de actitude, tres días antes do acto, que xa está anunciado e difundido á opinión pública, cando ademais hai máis salas libres no Multiusos”.
Ante esta situación o goberno da Deputación decidiu trasladar a actividade ao Convento de Vilavella onde terá lugar este xoves ás 20:00 horas a presentación do libro “Oito Olladas da Folga Feminista do 8-M”, dentro da xira que as súas oito autoras están a realizar pola provincia. Un evento que contará coa asistencia das autoras, da editorial e da presidenta da Deputación, Carmela Silva.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará