Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cruz Vermella busca crear un grupo de voluntarios estables en Redondela

RR_Noticias

Unha delegación da entidade, formada pór dúas traballadoras, traballan xa no local cedido polo Concello nos baixos da Casa da Cultura. Un dos obxectivos prioritarios de Cruz Vermella con esta oficina é estar máis próximos aos cidadáns e neste sentido xa contan coa participación de 556 socios e un pequeno equipo de 60 voluntarios cos que poderán traballar directamente dende este espazo.

Ademais de crear un grupo estable de voluntariado márcanse como principais accións a desenvolver traballar coas persoas maiores a través da teleasistencia, talleres de estimulación física ou acompañamento entre outros, a realización de actividades formativas para a poboación en xeral con cursos de primeiros auxilios, coidadores de persoas dependentes ou atención á infancia, apoio fronte á actual crise socioeconómica coa entrega de alimentos ou pago de subministracións ou medicación, orientación cara o emprego e establecer un grupo de Cruz Vermella Mocidade para traballar con nenos en dificultade social dando apoio escolar, compra de material ou actividades de lecer e tempo libre entre outras.
As novas oficinas contaron coa visita do alcalde, Javier Bas, a concelleira de servizos sociais, Mª Carmen Amoedo, e, por parte de Cruz Vermella, a presidenta provincial, Teresa Álvarez Quicler.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará