Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campo de fútbol de Candán inaugura a súa sede social

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de mellora no campo de fútbol Graciano Padín, no barrio de Candán. A actuación consistiu na construción dun novo local social para o club local, o CD Soutomaior, e diversas melloras e pequenas reformas destinadas a mellorar a habitabilidade do campo. Os traballos contaban cun orzamento de 36.000 euros que foron financiados entre a Xunta de Galicia e o Concello de Soutomaior.

A nova sede do CD Soutomaior foi visitada este luns polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias, e o presidente do CD Soutomaior, David Álvarez.
O novo local social está situado xunto ao acceso ao recinto e dispón dunha superficie útil de 40 metros cadrados, o que permite ao club o seu uso como salga de reunións, sala de trofeos, e a súa utilización para os diversos actos do club. Ademais, a local conta con todos os servizos habituais, iluminación LED e carpintaría de pvc.
Do mesmo xeito, levaron a cabo varias melloras na habitabilidade do recinto como a renovación da iluminación de emerxencia, a sinalética, os equipos de extinción de incendios, a reforma da cantina do campo, así como a instalación dunha canalización exterior para a recolección de pluviais de todo o recinto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará