Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mon Sanromán: “A categoría é máis dura do que pensabamos, estou moi contento co equipo”

RR_Noticias

O Atl. de Vilar, ascendido esta temporada á Segunda Galega, fai balance despois do parón de liga por mor das festas de Nadal. O técnico amósase moi satisfeito co rendemento do equipo, que é décimo na táboa, malia que recoñece que a competición está ser moi complicada. O domingo xogan no campo do R.Vilariño, un partido “trampa” ante o pechacenlas.

Recén comezada a segunda volta, e logo do descanso na liga, é tempo de facer balance. Logo de 18 xornadas o equipo de Vilar é 10º na táboa con 23 puntos. Suman 7 vitorias, 2 empates e 9 derrotas, co mesmo número de goles anotados que encaixados: 28. Un datos moi positivos para un equipo recén ascendido, malia que o técnico recoñece que a temporada estalles a costar “máis do que pensaban”. Logo dunha espectacular campaña na Terceira Galega, co premio do ascenso, esta liga en Segunda é “moito máis esixente” para o equipo. Por iso Sanromán se amosa “moi contento” co rendemento do equipo. Trátase dunha liga moi competitiva e igualada. Sacando os 4 primeiros, que están máis lonxe, no medio da táboa hai moita igualdade. O mesmo pasa pola cola. Está o Racing Vilariño, o próximo rival dos redondeláns, con tan só 1 punto. Logo con entre 15 e 18 puntos están os tres equipos seguintes por abaixo; e con 20 puntos, a tan só 3 do Vilar, Louro e Mosende. Isto supón que encadear dúas vitorias ou dúas derrotas pode facer que un equipo escale ou descenda moitas posicións. No Atl.Vilar comezaban a liga coa permanencia como meta, e ese segue a ser o obxectivo. Para o técnico rematar a temporada na metade da táboa, entre o 8º e o 12º posto sería “un éxito”, xa que se trata dunha liga “moi esixente” na que é preciso estar “ao cen por cen” os 90 minutos. Partido “trampa” en San Pedro Este domingo xogan o primeiro encontro do ano, será no Campo de San Pedro, ante o pechacancelas, o R.Vilariño. O técnico redondelán non quere o cartel de “favorito”, malia que os anfitiróns só suman un punto esta temporada. Para Sanromán é un partido “trampa”, e así llo advertiu aos seus xogadores. Explica que o Vilariño “non ten nada que perder”, polo que será un partido “longo e perigoso”. Par a cita deste domingo o club fai un chamamento á súa afección para que se desprace co equipo e os apoie nesta importante cita en San Pedro, con entrada de balde para os socios do Atl.Vilar.

Mon Sanromán adestrador do Atl.Vilar
O técnico amósase moi satisfeito co rendemento do equipo que é décimo na táboa malia que recoñece que a competición está ser moi complicada.
Liga esixente
Rematar a temporada na metade da táboa sería "un éxito" xa que se trata dunha liga "moi esixente" na que é preciso estar "ao cen por cen" os 90 minutos.
Partido "trampa" en San Pedro
O Vilariño "non ten nada que perder" polo que será un partido "longo e perigoso".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará