Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero

RR_Noticias

Representantes do Centro Cultural de Cabeiro serán as encargadas do texto ao que se lle dará lectura na concentración contra a violencia de xénero que se celebra o luns 7 de xaneiro ás 19.30 horas na praza do Concello convocada pola Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.

Dende este departamento convidan a todos os veciños unirse a esta concentración en contra da violencia de xénero. Unha iniciativa que se repite de xeito mensual, o primeiro luns de cada mes e que ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
O acto, que se desenvolverá o vindeiro luns na praza do Concello ás 19.30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Centro Cultural de Cabeiro. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello, que será colocada dende primeiras horas do día.
O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará