Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Refuxio Noé fai un chamamento a non mercar animais e adoptar nas protectoras

RR_Noticias

Son moitos os que nestas datas de Nadal deciden facerse cunha mascota. Cans e gatos que moitas veces acaban sendo abandonados. Dende as Protectoras de animais incrementan nestas datas os seus chamamentos para que non se adquiran animais sen meditalo moito previamente “unha mascota precisa de coidados, atención médica e supoñen gastos económicos, non é un peluche” insiste Carmen Corujeira dende o refuxio de animais Noé de Redondela. No caso de que a decisión sexa firme convida a adoptar nunha protectora onde poderemos atopar o animal que se axuste as nosas preferencias.

Ter un animal na casa é sempre unha responsabilidade polo que antes de adquirir un can, un gato ou calquera outra mascota debemos ter claro que estamos dispostos a facelo durante toda a súa vida. O obxectivo é evitar o abandono masivo que en moitos casos é produto dunha compra de impulso. Nestas datas dende as protectoras e os refuxios de animais, saturados pola entrada continua de animais abandonados, fan un chamamento para que non se compren animais e se opte pola adopción. Deste xeito axudaremos a reducir a presión que sofren as protectoras e evitaremos que se negocie cos animais. Dende o Refuxio Noé de Redondela animan a adoptar ou a colaborar coa súa causa: unha axuda que pode ser económica pero tamén axudando no coidados dos animais recollidos, por exemplo, como familia de acollida.  

Adoptar e non comprar
Ser responsables á hora de facerse cunha mascota
Mª Carmen Corujeira Refuxio Noé
Necesidades da asociación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará