Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intervención de Bombeiros e policía nun edificio da Estrada Campo de fútbol por unha falsa alarma

RR_Noticias

Axentes da policía local e emerxencias do Baixo Miño e o Morrazo realizaron onte unha intervención nun edificio de Redondela logo de que un veciño dera a voz de alarma ao decatarse de que unha vivenda do seu inmoble levaba coa fiestra aberta catro días e ninguén respondía dentro da casa. Ante o temor de que aos seus inquilinos lles puidera ter acontecido algo púxose en marcha un dispositivo de seguridade a primeira hora da noite de onte. Afortunadamente quedou todo nun susto, descartándose que tivera sucedido algo no interior da vivenda.

Policía, bombeiros e servizos de emerxencia protagonizaban onte na rúa Campo de fútbol todo un despregue de emerxencia. Previamente unha veciña tiña alertado a policía local de que levaba observando dende o pasado domingo unha fiestras aberta nunha das vivendas cunha alfombra estendida na varanda.
Logo de varias xestións e resultar imposible localizar a familiares, acudiron os bombeiros do Baixo Miño e do Morrazo, quen afortunadamente descartaron que houbese ocorrido algo no seu interior. Durante a intervención, colaborou tamén unha patrulla da Policía Nacional.
Malia o espectacular da intervención aseguran dende a policía que non se trata dun caso excepcional, xa que teñen actuado en mais dunha ocasión cando algunha persoa da a voz de alarma ao levar días sen ver algún veciño e non saber do seu paradoiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará