Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gala Vienesa coa Orquestra de Saxos

RR_Noticias

A Orquestra de Saxos de Redondela ofrece un concerto de Aninovo este mércores ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira no que non faltarán as tradicionais pezas que se adoitan escoitar nestes concertos que serven tamén para dar a benvida musical ao novo ano. O recital é de balde ata completar o aforamento.

A proposta que nos deixa a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un repertorio no que non faltarán os vals de Strauss, polcas e outros temas clásicos baixo a dirección de Elisa Arias. Unha cita musical que se vén repetindo nos últimos anos e que quere consolidarse como unha tradición no noso concello polo que se anima á participación do público.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará