Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos acolle a presentación do documental “Os nenos da illa”

RR_Noticias

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes organiza este domingo no Multiúsos da Xunqueira ás 17:30 horas a proxección do documental “Os nenos da illa”, dirixido por Noelia López Arosa. A película narra a historia do Fogar Méndez Núñez en San Simón entre os anos 1955 e 1963, un período durante o cal a illa destinouse á formación básica dos orfos dos mariñeiros.

O documental presentouse nun emotivo acto na illa de San Simón ao que se achegaron algún dos seus protagonistas e busca agora darse a  coñecer entre o público en xeral. A entrada ten un prezo de 2 euros e pódese retirar no Multiúsos, no Café da vila, na farmacia de Cesantes ou no Círculo cultural deportivo de Cesantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará