Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro Cultura de Cedeira moderniza a súa oferta formativa: robótica e cine

RR_Noticias

Baile, manualidades, cociña… adoitan ser as propostas máis habituais nos centros culturais. Neste caso, o de Cedeira busca modernizar a súa oferta e proponlle a nenos e nenas achegarse a dúas actividades diversas, a robótica e o cine. Os cursos arrancarán co inicio do período lectivo e os interesados poden informarse na sede do centro.

O obradoiro de cine vai máis aló da mera gravación de situación, dándolle importancia a todas as etapas: elixir unha idea. Plasmala nun guión, adaptalo a un guión técnico, analizar os recursos necesarios, planificar, gravar e editar. Os participantes deberán ter máis de 13 anos de idade e o curso impartirase en sesión dunha hora e media á semana. O prezo é de 15 euros.
Os máis pequenos, a partir de seis anos de idade, poderán aprender robótica. Tamén en sesión dunha hora e media semanal, o curso consta de seis proxectos (dous pro trimestre) máis outro que farán os alumnos ao final do curso. O derradeiro proxecto será creado polos alumnos, no que demostrará a súa creatividade e o aprendido durante as clases. O prezo neste caso é de 18 euros e poden inscribirse nenos e nenas que teñan entre 6 e 12 anos de idade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará