Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PXOM require das túas suxestións

RR_Noticias

Até o 13 de agosto todo aquel que o desexe pode facer as súas aportacións ao borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal que deseñará a Redondela dos próximos 20 anos. O goberno local pide a colaboración dos cidadáns para que fagan a súa achega a este documento “vivo e participativo”. Todos os martes de 9.00 a 14.00 horas solucionaranse dúbidas e poderase consultar planos no Multiúsos da Xunqueira, con cita previa. Tamén se poden facer suxestións a través da páxina www.redondela-pxom.gal ou a través da Xunta.

Logo de pasar os trámites documentais, ábrese o prazo para presentar suxestións para modificar o proxecto presentado pola UTE Jornet Llop Pastor encargada da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal que xa incorporou as achegas feitas na fase participativa na que realizaron actividades de acompañamento no rural en Ventosela, Chapela, O Viso e Vilar, dez obradoiros en distintas parroquias do municipio así como unha comisión de seguimento e enquisas, nas que participaron 83 persoas. Pero a fase construtiva continúa e é o momento de facer contribucións que melloren o texto, antes de que chegue a fase de alegacións. Achegas que xa se fixeron na fase participativa en ámbitos como a mobilidade, vivenda, o desenvolvemento de Redondela de cara ao futuro ou os espazos públicos e entre as que destacan a necesidade dunha mobilidade ampla e integradora onde se mellore as conexións interparroquias, o transporte público e os atascos. No apartado da vivenda púxose de manifesto a necesidade de incrementar o seu número pero dándolle prioridade ao rural e as vivendas de unha ou dúas plantas. Tamén a recuperación das xa existentes no casco vello. Tamén se presenta o turismo como elemento prioritario no desenvolvemento do municipio, apostando por un modelo respectuosos co medio ambiente e o patrimonio. A creación de sendas verdes e a dotación de servizos nas parroquias foron outras das conclusións que se tiraron desas actividades de participación. Pero o proceso aínda non rematou e até o trece de agosto se poden facer as aportacións que se desexen ademais de solucionar dúbidas e consultar planos. Dende o goberno local instan a ver máis alá da parcela ou propiedade de cada un xa que estamos a falar do futuro do municipio, precisamente do PXOM dependerá non só onde se poderá construír senón cuestión como o tecido industrial, as zonas verdes ou a mobilidade. O borrador recolle unha alternativa a longo prazo para a estrada N-550 a través dunha vía arco ou distribuidora, tamén se analiza o futuro industrial de Redondela. Neste caso apóstase pola creación de microáreas de actividade económica e outro dos problemas ao que se tenta dar solución a falta de zonas verdes para adecuar o ratio á normativa vixente. O documento xa se pode consultar a través da páxina web do concello e da Xunta. Todas as observacións deberán presentarse nas direccións que se indican nesa mesma páxina da Consellería de Medio Ambiente, no apartado Avaliación Ambiental Estratéxica de Plans ou a través de www.redondela-pxom.gal . Ademais, para aqueles que prefiran enviar os seus comentarios por fax pódeno facer no número 981541048. De maneira presencial pode facerse no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en Santiago. En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións e suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.  

Alcalde Redondela Javier Bas
Bas chama a participación de toda a cidadanía para mellorar o borrador
Concelleira Urbanismo Carmen Amoedo
A edil subliña a importancia de non quedarse no particular senón a ter unha visión xenérica para construír a Redondela dos próximos 20 anos.
Conclusións actividades participativas
Eva Gil explica as principais conclusións das actividades de participación
Sebastián Jornet mobilidade
Presentase como alternativa á N-550 a construción dunha vía arco
Desenvolvemento industrial
Proponse a creación de microáreas de actividade económica
Zonas verdes
É un dos graves problemas de Redondela segundo o equipo redactor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará