Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

18 medidas para reformular o Entroido de Verán

RR_Noticias

Desvincular esta festa da idea de “macrofesta” e de “vía libre ao botellón”, eliminar o concerto do aparcadoiro da Alameda, ampliar as actividades de rúa e as dirixidas ao público xuvenil e infantil. Comezar as actividades dende a mañá e un maior control da venda de alcol, son algunhas das propostas que fan dende AER. O obxectivo: “ a actuación urxente para que a festa non caia no máis absoluto desprestixio”.

 

A Agrupación de Electores de Redondela presentará unha moción no próximo pleno para reformular o Entroido de Verán, que se celebra na penúltima fin de semana do mes de agosto dende 1997. Consideran que o éxito deste evento non se debe cuantificar polo número de asistentes, senón por que toda a veciñanza sexa quen de participar da celebración con seguridade en un ambiente festivo e respectuoso. Engaden que “non é aceptable que cada vez se arrincone máis á zona onde os máis cativos poden gozar de actividades, mentres vai crecendo a zona etílico-festiva”.  Dende AER consideran que o Entroido de Verán debería encamiñarse cara un evento cunha maior calidade cultural e cunha programación “para todos os públicos e evitar situacións que se repiten cada ano   cunha Alameda valada chea de mocidade realizando múltiples botellóns, zonas de tránsito inadecuadas para cativos e persoas maiores, pelexas e conflitos e ruídos desproporcionados ata altas horas da madrugada e mesmo ata o día seguinte”.
Entre as 18 medidas propostas destaca o cambio radical da programación, eliminando o concerto da Alameda e substituíndoo por eventos de pequeno formato en prazas e localizacións por toda a vila. Apostan por incrementar as actividades familiares, sobre todo na Alameda para disuadir a formación de macrobotellón. Non vinculalo co concepto de “macrofesta” na promoción e a erradicación de calquera indicio de machismo nos carteis. Ademais de adoptar medidas para minimizar a cantidade de lixo nas rúas e reforzar os medios dos servizos de seguridade e emerxencia locais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará