Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Couñago, o adeus dun grande

RR_Noticias

O futbolista redondelán dá por rematada a súa carreira profesional, a piques de cumprir 39 anos. Colga as botas en Redondela, o mesmo lugar no que comezou a súa vida deportiva, logo de gañar un Mundial sub 20 con España e asar por diferentes equipos da liga española, e tamén de Inglaterra, Vietnam, Hong Kong e Finlandia. O xogador redondelán recibirá o recoñecemento do deporte na Gala do Fútbol Galego que se celebra o sábado en Santiago.

Pablo Couñago decidiu colgar as botas no C.D. Choco, o equipo da súa vila, logo dunha extensa e carreira deportiva que tivo o máximo expoñente no Campionato do Mundo sub 20 celebrado en Nixeria en 1999 e que España gañou. Couñago foi un dos grandes protagonistas daquel fito ao marcar cinco goles, cos que conseguiu a Bota de Ouro. Tras debutar co Celta en 1996, defendeu as camisetas de Numancia, Recreativo de Huelva e Málaga. Na súa etapa en Inglaterra xogou no Ipswich Town e Crystal Palace, para logo dar o salto aVietnam, Hong Kong e Finlandia, antes de regresar a casa para xogar en Terceira División no Choco “e con amigos”. No momento da despedida é consciente de que nunca se desligará do fútbol completamente, xa que sempre estará “conectado a este deporte”. A última temporada no Choco permitiulle ademais despedirse levantando a Copa Deputación, que o club redondelán gañaba por cuarto ano consecutivo. Un broche de ouro para unha longa traxectoria que resultou “fermoso e emotivo”. Couñago recibirá o recoñecemento do fútbol galego na Gala que o sábado se celebra en Santiago. O Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela acollerá desde as 20.00 horas, a Gala do Fútbol Galego 2018, organizada de forma conxunta pola Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol. Entre os premiados destaca o xogdor redondelán, un dos xogadores galegos máis importantes das últimas décadas.

Pablo Couñago
O xa ex xogador sempre estará conectado co fútbol.
Copa Deputación
Levantar a Copa Deputación co Choco na súa despedida foi un final fermoso e emotivo para a súa carreira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará