Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior rexeita o pago que impón a Deputación por visitar os xardíns do Castelo

RR_Noticias

O goberno local presentará unha alegación contra a ordenanza fiscal que establece as tarifas. O alcalde, Agustín Reguera, denuncia que os novos prezos inclúen por primeira vez a visita aos xardíns, e incrementan ata un 250% o prezo di billete para acceder ao interior da fortaleza.

O Concello de Soutomaior vén de manifestar a súa disconformidade coa decisión da Deputación de Pontevedra de cobrar por acceder aos xardíns do Castelo. O alcalde, Agustín Reguera, anunciou que o goberno local presentará unha alegación contra a ordenanza fiscal que establece as novas tarifas.Os novos prezos, aprobadas pola Deputación de Pontevedra a finais do pasado mes de maio, establecen un aumento do 250% na tarifa que inclúe o acceso ao interior do Castelo, que pasa de 2 a 5 euros por persoa, e un custo de 1,5 euros só para visitar os xardíns. Unha visita que ata o momento era de balde, incluído o patio de armas da fortaleza. Reguera advertiu que pedirán “que
o acceso aos xardíns e o patio de armas siga sendo gratuíto”. Engadiu que para os veciños de Soutomaior os xardíns do castelo son “un lugar de goce máis que de visita”, e fai referencia non só aos propios xardíns, senón tamén “ás celebracións que alí teñen lugar”.
Neste sentido, o alcalde criticou que a ordenanza “non respecta as tradicións locais, como as festividades de San Caetano, cuxa romaría se celebra na capela do Castelo e que non está contemplada como data de acceso libre”. Tampouco están contempladas datas como a do Certame da Camelia, a Festa da Ostra ou a celebración en honra a San Salvador, patrón de Soutomaior. Por último, o alclade indica que esta subida de prezos “supón un impedimento para o acceso, xa non só dos nosos veciños senón de toda a poboación, á historia e a cultura de Soutomaior”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará