Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de vinte fogueiras alumearán na noite de San Xoán polas parroquias de Redondela

RR_Noticias

Unha ducia de colectivos veciñais e culturais prenderán as súas cacharelas na noite do sábado, e outras arderán en fincas particulares. O Concello organiza un ano máis a festa de San Xoán en Arealonga, cunha fogueira e música.

A tradición do San Xoán volve encher o municipio de fogueiras nas que o lume comparte protagonismo coa música e a gastronomía. Diferentes colectivos organizan cacharelas que se prenderán ás 12 da noite de mañán sábado. Son os de San Xoán de Cabeiro, a S.D.C. Rande, C.C.D. Cesantes, a Peña Blanco y Negro de Vilar, A.VV. Santo Estevo de Negros, Chan das Pipas, a Revouza e Millo Verde que a farán no paseo da Portela, a Comisión de Festas de San Mamede de Quintela, e a A.V.D.C. Miñoteira de Ventosela. O Concello de Redondela tamén organiza unha festa de San Xoán a partires das 22.30 horas na praia de Arealonga, amenizada polo grupo Art&Maña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará