Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación polas obras dunha escolleira en Peinador polos prexuízos en Vilar

RR_Noticias

Os traballos, na cara norte do aeroporto, consisten na construción dunha escolleira de 15 metros de altura e ata 350 metros de longo. O BNG advirte que vai supoñer o traslado de toneladas de pedra, terra e áridos con camións de gran tonelaxe, obras que van causar un grave prexuízo aos veciños e tamén aos camiños públicos de Vilar. Lamentan a falta de información por parte do Concello.

Jessica García, representante nacionalista no Consello Parroquial de Vilar, expuxo ante
os colectivos participantes os aspectos básicos desta obra “ante a falla de información por parte do Concello”. Hai varias semanas que se iniciaron as obras na cara norte do aeroporto, en terreos correspondentes ao municipio de Redondela. Trátase dun valado en escolleira dobre que alcanzará os 15 metros de altura, cunha lonxitude de ata 350 metros e que conta cunha inversión de 900.000 euros, segundo explica o BNG redondelán. Advirten que os traballos van supoñer un importante movemento de camións de grande tonelaxe que transportarán “terra, áridos e penedos de entre 200 e 400 quilos”. Na propia memoria do proxecto recóllese que, co fin de evitar afeccións á zona de rodadura, se utilicen “varios viais de acceso pola cara nordeste do aeroporto”. García explica que neste emprazamento atópanse varias vivendas que se están vendo afectadas “polo tránsito de camións de grande tonelaxe, partículas en suspensión e ruídos”. Esta problemática foi levada ao Consello Parroquial de Vilar pola representante do BNG “para que se facilitara a máxima información aos colectivos da parroquia e os veciños”. A representante do Bloque lamenta que, malia que as obras comezaron hai varias semana “por parte da presidencia amosaron un total descoñecemento do tema”. Dende o BNG consideran que non se están a cumprir as previsións recollidas no Proxecto sobre a instalación dun punto limpo para a maquinaria pesada. Denuncian que tampouco están correctamente sinalizadas as obras, que prexudican ao tráfico que circula por esta parte da parroquia, e cuestionan o papel do goberno local “á hora de velar polas seguridade da veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará