Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os piratas invaden Arcade na noite de San Xoán

RR_Noticias

O lume será o protagonista da noite de San Xoán en Soutomaior. Ademais da tradicional fogueira municipal instalada no peirao de Arcade, a festa contará cun espectáculo da compañía Troula Animación, que “invadirá” Arcade coa actuación itinerante “A invasión Pirata”.

A celebración dará comezo ao redor das 22.30 horas cun espectáculo itinerante no que un grupo de piratas fará o percorrido desde a praia de Matilde ata o peirao, con paradas en zonas determinadas cunha actuación chea de ritmo, pirotecnia, lume, humor e a participación do público. A medianoite precderase a fogueira municipal, que irá acompañadaá dun espectáculo pirotécnico, e logo haberá verbena nocturna co grupo América. Non faltarán os clásicos postos de venda de sardiñas e churrasco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará