Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O documental “Septiembre del 75” clausura a mostra “A criminalización do pensamento”

RR_Noticias

Hoxe venres, 8 de xuño, ás 20.00, terá lugar a clausura da exposición co Colectivo Republicano na Casa da Cultura. O documental conta a historia dun dos últimos fusilados no franquismo, o vigués Xosé Humberto Baena. O director, Adolfo Dufor, foi galardoado por este documental na Semana Internacional de Cine de Valladolid.

Dende o Colectivo Republicano amosaron o seu agradecemento a toda a xente que o longo destes días pasou polo local do BNG para visitar a exposición, logo de que o pasado mes de outubro fora retirada do Multiúsos da Xunqueira. Unha mostra que segundo Marcos Santos, secretario do Colectivo Republicano, “non buscaba insultar ou menosprezar a ninguén” e lamenta “profundamente” todo o acontecido con esta exposición, que foi censurada polo goberno local logo dunha denuncia dun sindicato policial. A exposición está conformada por fotografías das cargas policiais nas manifestación en Redondela polo peche de Regojo nos anos 80, recortes de prensa sobre os últimos fusilados do franquismo ou outras máis actuais como a represión policial en manifestación contra Irak ou do 15M. Pola súa banda, dende o BNG, amósanse satisfeitos de ter ofrecido aos veciños de Redondela a posibilidade de visitar esta exposición no seu local e agradecen “as mostras de apoio de solidariedade recibidas”. Neste acto de clausura proxectarase o documental “Septiembre del 75”, a historia do vigués Xosé Humberto Baena, unha das últimas persoas asasinadas polo franquismo no ano 1.975. Está dirixido por Adolfo Dufor, quen foi galardoado por este documental na Semana Internacional de Cine de Valladolid. A presentación correrá a cargo de Asunción Baamonde, integrante da Fundación contra a Intolerancia e que tamén é unha das protagonistas do documental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará