Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grupo Folclórico Anaquiños celebra a X Romería de Primavera con grupos de Vigo e Tomiño

RR_Noticias

O Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela celebra este sábado a X Romería de Primavera no Multiusos do Piñeiral. Ademaios do grupo de Chapelaparticiparán “Amieiras” de Valadares e “Virxe do Alivio” de Tomiño. A cita é ás 18.30 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego.

O grupo Anaquiños celebra unha romería na que os protagonistas son os que están “na primavera” da súa vida. A cita está organizada exclusivamente para grupos de veteranos e veteranas do baile tradicional, cunha idade superior aos 40 anos. Trátase do único certame destas caraterísticas que se realiza en Redondela, e dos poucos que se organizan na provincia para grupos de baile tradicional destas idades. Desde o G.F. Anaquiños convidan a todo o público a participar nesta festa, na que contarán tamén co grupo folclórico “Amieiras” de Valadares e “Virxe do Alivio” de Tomiño
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará