Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende a pirotecnia da Festa da Coca en solidariedade coas vítimas da explosión de Tui

RR_Noticias

O Concello de Redondela anunciou a suspensión da tradicional sesión de bombas de palenque prevista par este mediodía e que todos os anos abre a programación das Festas da Coca. O goberno local xustificou esta decisión nas redes sociais e na páxina web do Concello en mostra de solidariedade coas vítimas da explosión que tivo lugar o pasado mércores no municipio de Tui.

A noticia foi seguida por centos de persoas en tan só unhas horas, e xerou numerosos comentarios dos veciños, a maioría para aplaudir a medida do goberno local. Algúns mesmo solicitan que se retire a tirada de fogos de artificio de todas as festas do municipio, alegando que causan problemas polo prexuízos que supoñen para os animais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará