Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comarca de Redondela benefíciase do plan de Emprego no Rural da Xunta

RR_Noticias

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste preto de 307.000 nos Concellos da área metropolitana. O plan procura mellorar as oportunidades laborais nas zonas menos poboadas, e beneficia a Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior e Fornelos de Montes, entre outros municipios. Os desempregados contratados realizarán tarefas de silvicultura, biomasa ou limpeza de montes.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano 2018, da que se beneficiarán 25 persoas desempregadas de 13 concellos da área metropolitana de Vigo. O obxectivo do Goberno galego é impulsar o emprego no eido rural para incentivar a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para que realicen tarefas de silvicultura, biomasa ou limpeza de montes. Da dotación total deste programa investiranse 307.000 euros en Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Salvaterra do Miño, Nigrán, Mos, Cangas, Gondomar, Salceda de Caselas, Moaña, O Porriño e Baiona.
Contratación de socorristas
Por outra banda a Xunta apoiará este ano a contratación de 44 socorristas en municipios da área. Así, o Goberno galego financiará con máis de 129.300 euros a contratación destes profesionais para velar pola seguridade dos bañistas en praias e piscinas. Oito son os concellos da área que se beneficiaron destas axudas, en concreto: Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos e a Comunidade de concellos do Val Miñor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará