Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha estatua para Rosalía

RR_Noticias

A proposta de rebautizar a Alameda de Chapela como Alameda Rosalía de Castro conta co apoio de toda a corporación municipal, que ven de aprobar esta iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística. Ademais de colocar unha placa nese espazo co nome da escritora, está previsto de cara ao verán, co gallo do aniversario do seu pasamento, colocar tamén no lugar un grupo escultórico dedicado a Rosalía de Castro.

A decisión de nomear a Alameda de Chapela como Alameda Rosalía de Castro busca saldar unha débeda que o noso concello ten con Rosalía: o feito de que non teñamos ningún espazo dedicado á nosa escritora máis ilustre. Unha proposta que contou co apoio de todos os grupos da corporación, malia lamentar o BNG que a iniciativa non contase co apoio popular que deben promover este tipo de iniciativas. “Debería terse levado a proposta ao Consello parroquial de Chapela antes de chegar ao pleno” lamenta o edil nacionalista Xoán Carlos González. Dende AER facían fincapé no feito de que non exista en Redondela “ningún lugar dedicado a Rosalía” e aplauden a iniciativa de Normalización que salda así esa conta pendente. Criticaba tamén o voceiro desta formación, Noé Cano “as formas seguidas polo goberno local en todo este proceso”. Apoio tamén dos socialistas por lembraban a relevancia de Rosalía “un símbolo que  ben merece esta distinción, por moitos motivos, entre eles polo feito de que a escritora fora unha muller con ideas feministas para o seu tempo e por ser unha abandeirada no uso do galego como lingua culta”. Apunta tamén o concelleiro Eduardo Reguera que para facer máis visible a figura da escritora sería convinte a colocación dunha estatua na Alameda. A responsable de Cultura, Teresa París agradecía o apoio dos grupos “a unha proposta que parte dun departamento dirixido directamente polo Alcalde” e adiantaba que está en mente do Concello a ubicación dun grupo escultórico dedicado a Rosalía de cara ao verán.  

Teresa París PP
Unha iniciativa de Normalización Lingüística
Eduardo Reguera PSOE
Un símbolo para Galicia
Noé Cano AER
Saldar unha débeda xa que non existe en Redondela ningún topónimo adicado a Rosalía
Xoán Carlos González BNG
Lamenta que non conte co apoio popular que tería acadado de pasar previamente polo consello parroquial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará