Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cita co Cocido no día grande das Festas de San Vicente de Trasmañó

RR_Noticias

A parroquia redondelá celebra esta fin de semana as festas patronais que inclúen citas relixiosas, musicais, verbenas, propostas para os máis pequenos, unha concentración de coches clásicos e a IX edición da festa do cocido, que terá lugar o domingo 21. As persoas interesadas deben reservar os seus tickets chamando aos teléfono 663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén poden adquirilos na cafetería O Rodeo en Rande.

Que mellor proposta para unha fría xornada dominical no mes de xaneiro que degustar un bo cocido. Iso é o que pensaron os organizadores desta cita gastronómica hai xa nove anos. Unha proposta exitosa que atrae edición tras edición a máis público e que permite aos comensais degustar un completo cocido, baixo unha carpa climatizada “como se estivera nun restaurante, servido por camareiros profesionais e sen ter que agardar”. Degustas o cocido é unha das propostas que nos deixa o programa de festas que arranca este mesmo sábado cunha concentración de coches clásicos ás once da mañá e degustación de callos. Pola tarde haberá cucañas e xogos populares así como a actuación do grupo de animación infantil Rivel a partir das 17:00 horas. A xornada pecharase coa verbena amenizada polas orquestras Pontevedra e Marbella. O domingo arrancará cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Tirapuxa que actuarán novamente na sesión vermú prevista para as 12:30. Estarán acompañados a esa hora pola gaitas As Choliñas de Chapela, o grupo Asubios de PortoCedeira e as pandereteiras Ledicia de Trasmañó. A continuación arrancará a degustación do cocido e a orquestra Televisión será a encargada de pechar a xornada. A festa chegará aos seu remate o luns, día de San Vicente.      

Juan González Comisión de Festas
Unha carpa con todas as comodidades
Coches clásicos
Unha cita en torno o mortor para abrir o programa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará