Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Míguez: “As consecuencias dun transvase do Verdugo afectarían a toda a Ría”

RR_Noticias

A patroa maior da Confraría de Arcade non oculta a súa preocupación polos plans da Xunta e do Concello de Vigo de levar a cabo o transvasamento de auga do Verdugo ao Encoro de Eiras. Unha actuación de consecuencias impredecibles, que non conta con estudos de impacto e que no sector do mar viven con especial temor “reducir a canle de auga doce que chega a enseada provocará unha diminución dos recursos marisqueiros e porá en risco o modo de vida de centros de familias”. Entende que é preciso parar este proxecto e chama á cidadanía a mobilizarse este sábado ás 11:00 horas en Arcade.

Rita Míguez fai un chamamento ás autoridades a que unha vez superada a situación de emerxencia por seca, reflexionen e valoren as consecuencias que un trasvase de auga do río Verdugo tería en toda a comarca e en toda a ría. Consecuencias que inquietan especialmente por non existir ningún estudo nin informe que certifique a repercusión que esta actuación tería sobre o medio ambiente. De feito, dende a Confraría temen que unha redución na cantidade de auga doce que chega ao mar supoña un prexuizo para os bancos marisqueiros pero tamén para o choco e a anguía sen esquecer que poría en perigo toda a fauna e flora que habita nese espazo. Ante esta situación convocan aos veciños a se mobilizar este sábado. A protesta, apoiada pola confraría de Arcade e a Xunta de portavoces do Concello de Soutomaior, terá lugar as 11:00 horas da mañá. A marcha saíra do Peirao de Arcade e circulará polas rúas do Peirao, Rosalía de Castro, Roxelio Landeiro e atravesará a Ponte Medieval ata chegar á Xunqueira de Ponte Sampaio. Esta é unha das medidas adoptadas conxuntamente polos representantes do Concello de Soutomaior (PP, BNG e PSOE) e o sector marisqueiro da localidade para deter o transvasamento do río Verdugo ao encoro de Eiras.  

Rita Míguez patroa de Arcade
Na confraría viven con incerteza o que poida acontecer se non se para o trasvase
Repercusións na flora e fauna
A reducción da achega de auga doce tería consecuencias nefastas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará