Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O parlamento galego insta a Fomento a compensar os prexuizos provocados pola AP-9

RR_Noticias

O parlamento aprobou unha proposición non de lei na que solicita ao Ministerio que acometa melloras que compense os danos causados pola ampliación da autoestrada ao seu paso por Chapela. As melloras suporía un investimento de 7.000.000 de euros para as parroquias de Chapela, Trasmañó e Rande e contempla a instalación de pantallas antiruído, ampliación da ponte de San Vicente de trasmañó ou a recuperación do Castelo de Rande.

A Proposta, presentada polo PP, foi aprobada por unanimidade e asegurna dende o goberno local que “é un paso máis a sumar aos xa dados polo goberno municipal e a asociación de afectados da Ap9 para que o goberno central e en concreto o Ministerio de Fomento comprendan o que supón, especialmente para a parroquia de Chapela, ademais das de Cedeira e San Vicente de Trasmañó, esta ampliación da AP9 que está a piques de terminar, e que suporá unha grave deterioración na calidade de vida dos nosos veciños e a perda de valor das súas propiedades, se non se toman as medidas compensatoria adecuadas”.
Nesta proposición non de Lei solicítase ao Ministerio de Fomento que leve a cabo o máis axiña posible esas melloras entre as que se atopan as pantallas anti ruído, ampliación do viario da Igrexa e a súa humanización, ampliación ponte de San Vicente de Trasmañó, recuperación da contorna do Castelo de Rande, todas elas valoradas en mais de 7.000.000 de euros. Así mesmo solicita ao Ministerio de Fomento a apertura da saída coñecida como Torres de Padín.
Nesta proposición tamén se insta á Xunta de Galicia a materializar o compromiso para a construción dunha escola infantil nos terreos da Ginaria, unha vez completada a recalificación urbanística por parte do Concello.
O alcalde Javier Bas amosouse satisfeito pola aprobación da proposta e asegurou que se manteñen firmes na petición de que se elimine a peaxe en Rande “seguirei reivindicando a supresión desta peaxe inxusta ata que sexa unha realidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará