Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ascensor mellora o acceso ao aparcadoiro da Xunqueira

RR_Noticias

A nova entrada peonil adaptada do aparcadoiro da Xunqueira, mellora a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. A obra, que tivo un orzamento de 30.805,31 euros está enmarcada dentro das actuación que buscan a eliminación de barreiras.O alcalde, Javier Bas, a tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social, María del Carmen Amoedo, e o concelleiro de Tráfico, Arturo González, asistiron á posta en funcionamento do novo acceso peonil ao Aparcadoiro da Xunqueira, adaptado para persoas con diversidade funcional.

A nova entrada dispón dun ascensor que comunica a vía pública cos sotos -1 e -2 e un “casetón” de entrada ao aparcadoiro. Ademais proxéctase un aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, no primeiro soto, e dúas prazas adaptadas no soto segundo.
A obra, que tivo un orzamento de 30.805,31€, “vén de cumprir cunha das prioridades do Goberno local: a eliminación da barreiras e o reto de lograr a accesibilidade plena de todas as persoas coma una necesidade para garantir a igualdade”, subliñou a concelleira de Benestar Social.
Esta obra engádese a actuación como a sinatura dun convenio coa Asociación Aspavi para acabar coas barreiras no edificio do Concello, a reforma dos accesos á praia de Cesantes e máis recentemente a instalación dun “bucle magnético” no Auditorio do Multiusos da Xunqueira para persoas con dificultades auditivas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará