Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os pavillóns de Redondela e Chapela contan con novos marcadores de última xeración

RR_Noticias

Trátase de videomarcadores de pantalla led de 10 metros cadrados con múltiples funcións e que se adaptan mediante un programa específico a todos os deportes dende futbolsala, balonmano, baloncesto, tenis. O importe dos dous videomarcadores ascendeu a 45.850 euros que foron financiados coa achega da Xunta de Galicia a través da firma dun convenio coa Secretaria Xeral para o Deporte.

O videomarcadores consisten nunha pantalla led de 10 metros cadrados de última Xeración con múltiples funcións e ordenador de control que incorpora un software deportivo multimedia para controlar os marcadores dende a mesa de cronometradores. Unha tecnoloxía de igual características e coas mesmas funcións que as de estadios de primeiro nivel como o Santiago Bernabeu aínda que de inferior tamaño, adaptado aos pavillóns onde foron instalados, no de Chapela e no da Marisma en Redondela.
Os marcadores adáptanse mediante un programa específico a todos os deportes dende fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis… Atópanse conectados á rede o que posibilita a programación instantánea dos mesmos ou con antelación ao partido.
 “Seguimos a mellorar as instalacións deportivas de Redondela porque pensamos que os nosos clubs merecen unhas instalacións á súa altura” apunta o edil de deportes, Julio Mougán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará