Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O certame literario “Os Viaductos” medra e estrea o seu Primeiro Premio de Novela

RR_Noticias

O concurso literario que convoca o Concello de Redondela chega á maioría de idade reconvertido no I Premio Viadutos de Novela. O gañador recibirá 3.000 euros e a súa obra será publicada pola Editorial Galaxia, organizadora do certame.

Deste xeito, o Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, que acadaba neste 2017 a súa decimoitava edición, convértese nun premio de novela. O director xeral de Galaxia, Francisco Castro, salienta a importancia deste “paso adiante” do premio co que o Concello de Redondela aposta unha vez máis “polo apoio e fomento da creación e a publicación en lingua galega”. O premio está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia. A novela entrará así no circuito literario galego, con presenza nas librarías e nos medios de comunicación. Deste xeito levará o nome do Concello de Redondela por todo o país, e será “un enorme atractivo” que animará a participar a moitos creadores galegos. O certame de relatos curtos estaba dirixido a novos narradores en galego, ata o de agora podían concorrer obras de autores entre os 18 e os 35 anos. Agora o premio de novela elimina o límite de idade, polo que poden participar todos os creadores que o desexen. Poderán participar no Premio Viadutos aquelas autoras e autores maiores de 18 anos que teñan unha novela inédita que supere as 100 páxinas. O prazo para a recepción de orixinais estará aberto ata o 30 de marzo de 2018 e o fallo darase a coñecer no mes de maio. A entrega do premio terá lugar no Concello de Redondela coincidindo coa presentación da obra premiada. Co gallo da entraga do galardón a vila acollerá toda unha semana de actividades literarias e culturais. As bases do concurso poden consultarse xa na páxina web www.editorialgalaxia.gal. O premio está convocado pola Concellería de Xuventude de Redondela.

Francisco Castro director xeral de Galaxia
O certame dos Viaductos medra e transfórmase nun premio de novela.
Publicación na editorial Galaxia
O gañador recibirá 3.000 euros e a novela publicarase na colección literaria de Galaxia.
Sen límite de idade
A diferencia do certame de relatos curtos neste premio non exite un límite máximo de idade para os creadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará