Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trinta actores e bailaríns dan vida aos personaxes dos contos tradicionais no musical “Había una vez”

RR_Noticias

Alicia no País das Marabillas, Pinocho, Cincenta e outros moitos personaxes de conto pasarán polo escenario do Multiúsos da Xunqueira o vindeiro sábado na estrea do musical “Había una vez”. Un festival de carácter benéfico a favor de Unicef, organizado por Piyopi Animaciones e Odisea Factory Dance que conta coa colaboración da Concellería de Cultura. A entrada individual custa 5 euros, e existe a posibilidade de retirar un bono familiar por 12 euros que permitirá o acceso a catro persoas.

Alicia será a encargada de guiar ao espectador por un mundo fantástico cheo de personaxes de conto que se subirán ao escenario para contar as súas historias a través da música e o baile. Un festival solidario que se celebra este sábado ás 17:00 horas “no caso de que quede xente fóra faríase unha segunda función ás 19:00 horas” e cuxas entradas poderán adquirirse no Multiúsos durante a tarde do venres ou xa no propio día do espectáculo unha hora antes do inicio. A actividade está organizada por Piyopi animaciones, con experiencia na organización deste tipo de festivais que buscan recadar fondos para Unicef. Así, os cartos que se recaden irán destinados a esta organización que atende as necesidades da infancia e dos máis vulnerables. Un elenco de 30 actores, a maior parte deles nenos a partir dos sete anos, serán os encargados de dar vida aos personaxes que pasarán polo escenario. Unha representación que é posible graza á colaboración da academia de baile Odisea Factory, cuxos alumnos serán os encargados de poñer o ritmo e o baile ao musical. Dende o Concello aplauden a organización do evento polo seu carácter benéfico e anima aos veciños a achegarse o vindeiro sábado.  

Teresa París edil de Cultura
Anima aos veciños a colaborar
Alicia un dos personaxes da obra
Será a mestra de cerimonias
Piyopi
Un acto benéfico a favor de Unicef
Odisea Factory
A academia de baile colabora no evento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará