Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reparte 12.000 € entre as asociacións para programas de promoción da igualdade

RR_Noticias

A Concellaría de Muller e Igualdade de Redondela convoca novamente axudas para actividades e programas de promoción de igualdade para asociacións e colectivos veciñais. A convocatoria está pensada para que desde o tecido asociativo tamén se sensibilice e promova o valor da igualdade.

Poderán solicitar estas axudas municipais aquelas asociacións de mulleres e vocalías da muller de entidades veciñais ou culturais que teñan representación no Consello Municipal da Muller. Estas axudas, que ascenden a 12.000 euros, repartiranse entre as solicitudes en base a criterios obxectivos. Deben ser actividades que promovan a igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos. Poñen como exemplo programas que promovan a conciliación, corresponsabilidade e igualdade nos fogares, que difundan os dereitos das mulleres, de asesoramento cara a procura de emprego, de información e prevención da violencia de xénero, de saúde en problemáticas específicas de muller, ou de promoción do deporte feminio, entre outras. Para presentar a solicitude as asociacións disporán de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará