Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gómez Noya reina en Cesantes

RR_Noticias

A IV Travesía a Nado San Simón contou cun altísimo nivel, nunha xornada de sol e gran participación. O galego, cinco veces campión do mundo, subiu ao máis alto do podio. Na categoría feminina Anneke Jenkins foi a vencedora. Os primeiros redondeláns en chegar á meta foron Antía Collazo e Eugenio Míguez.

A travesía foi todo un éxito de público e de participación na súa cuarta edición, e brillou polo altísimo nivel dos participantes, entre os que estaban algúns dos mellores a nivel mundial. É o caso do triatleta ferrolán Javi Gómez Noya, que se impuxo o sábado en augas da enseada de San Simón. A proba, organizada pola Asociación Deportiva CAR, en colaboración co Concello, contou con 222 nadadores. O cinco veces campión do mundo de tríatlon suboi ao máis alto do podio, seguido por Pablo Dapena e Vicente Hernández. Na categoría feminina houbo tamén un altísimo nivel, con triunfo para a neozelandesa afincada en Pontevedra Anneke Jenkins, que chegou dous minutos despois de Gómez Noya, na sexta posición xeral. A segunda clasificada na categoría feminina foi Ana Pérez García-Pichel, e completou o podio Ana Cotos. Antía Collazo Ferradáns, do Club Natación Redondela, foi a cuarta muller en completar a proba, 20ª na xeral, e recibiu o premio á participante redondelá máis rápida. Na categoría masculina a distinción para o mellor local foi para Eugenio Míguez González, 34º na xeral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará