Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán Chapela arranca a competición en Vigo coa Copa Galicia ante o Lavadores

RR_Noticias

O pavillón das Travesas acollerá o encontro ás 21.00 horas. Será unha boa ocasión para comprobar a adaptación ao equipo dos cinco xogadores que se incorporaron para reforzar o plantel. A temporada, que comeza o 17 de setembro, agárdase moi competitiva na Primeira Nacional.

Adrián Teixeira, do equipo técnico, augura un partido complicado nas Travesas, xa que o Balonmán Lavadores vén de reforzarse e presenta un equipo de máis nivel que a pasada campaña. No encontro os afeccionados poderán ver xa ás novas incorporacións do equipo: Juan Bautista Tizón (Nani), Rubén Figueirido, Luis e Pablo Orge e Fran Camino. Os fichaxes serven para cubrir as baixas de Alex Tsibanev, Juan Novás, Quique e Pablo González. A eliminatoria será a partido único, e o gañador enfrontarase ao vencedor da eliminatoria SAR Plastic Omnium-OAR Coruña, que se disputará o martes, 15 de agosto, ás 20.00 horas no pavillón redondelán. O 17 de setembro comeza a liga na categoría de bronce do balonmán español e os de Fran Teixeira prepáranse para afrontar unha tempada que se prevé “moi dura”. Equipos como o Novás, o Lalín, Xiria, Octavio, Cañiza e mesmo o Lavadores serán rivais que pelexarán co Chapela por un dos dous postos que dan dereito a disputar a fase de ascenso a División de Honra Prata .  

Adrián Teixeira segundo adestrador
Teixeira fala dos obxectivos para a temporada que comeza o 17 de setembro.
Chapela-Lavadores
O partido da primeira ronda da Copa Galicia dispútase hoxe ás 21.00 horas no pavillón das Travesas en Vigo.
Cinco reforzos
O Balonmán Chapela conta con cinco novos xogadores esta temporada dos que algúns xa pasaran polo equipo en anteriores temporadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará