Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe o traslado de Servizos Sociais ao local municipal da urbanización de Regojo

RR_Noticias

O Concello de Redondela dispón na zona dun local de 300 metros cadrados grazas a unha compensación urbanístico acordada na época do goberno bipartito. O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, apunta que este local pode albergar as dúas unidades de servizos sociais de Redondela, que atenden a preto de 20.000 veciños, e o Centro de Información á Muller.

A construción de dous bloques de vivendas na rúa 8 de marzo en Vilavella, foi aproveitada polo BNG, daquela no goberno municipal, para xestionar un novo local para o departamento de servizos sociais. Trátase dun novo elemento no mapa de equipamentos ao servizo da cidadanía, segundo explica González, “deseñados no seu día polo BNG” coa unidade de servizos sociais, a Escola de Educación Infantil en Chapela, o Centro de Día de Cesantes e o Centro de Día de Trasmañó”. Advirte que se trata de reubicar “un servizo básico” en condicións de calidade “para as traballadoras e os usuarios”. O grupo nacionalista critica que non exista ningunha partida para este equipamento “mentres centos de miles de euros se van en asfaltado”, e lamentan que se “desperdicie” unha boa oportunidade para poñer os servizos sociais de Redondela “onde a veciñanza merece”. Afirma Xoán Carlos González que o obxectivo do alcalde, Javier Bas, é converter os servizos sociais “en atención á beneficencia”. O BNG propón outro modelo, impulsando uns servizos sociais de calidade “como un dereito da cidadanía”. O voceiro nacionalista esixe a inmediata creación dunha partida orzamentaria para que se realice o traslado deste departamento ao novo local da urbanización de Regojo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará