Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de orzamento para o novo colexio Igrexa dispara as alarmas entre pais e nais

RR_Noticias

O PSOE, a través do seu deputado Abel Losada, comprométese a levar ao parlamento unha iniciativa na que instan que se axilice a construción do novo colexio na Finca da Ginaria. Lembran que non hai ningunha partida orzamentaria para acometer esta actuación “cando xa está practicamente rematado o terceiro carril”. O socialista Eduardo Reguera insta a pais e nais a estaren moi atentos ante calquera movemento de Educación de reubicar aos cen alumnos do colexio noutros centros da contorna.

O deputado autonómico Abel Losada reuniuse coas asociación de Chapela que loitan por diferentes melloras vencelladas coa ampliación da AP-9. Dende a Asociación de afectados, as asociacións de veciños de Chapela e Trasmañó ou representantes da ANPA do Colexio Igrexa asistiron a esta xuntanza na que o socialistas comprometeuse a levar ao parlamento diferentes medidas entre as que destaca como prioritaria unha petición de información en torno aos trámites do novo colexio Igrexa “para cuxa construción aínda non hai habilita partida ningunha nin nos orzamento da Xunta nin no Estado”. Por ese motivo entenden os socialista que é primordial demandar da Xunta información sobre a fase na que se atopa o expediente de construción e insistir na negativa a que se abra o terceiro carril “practicamente xa rematado” mentres os alumnos sigan nas instalacións. Lembra Losada que malia tratarse dunha competencia do estado é obriga da Xunta facer presión neste sentido e garantir a seguridade de toda a comunidade educativa. O edil Eduardo Reguera instaba aos pais a “estaren atentos ante unha posible reubicación dos alumnos noutros centros, porque podería ser unha estratexia para pechar este colexio sen abrir o novo”. Pais e nais presenten nesa xuntanza eran unánimes á hora de pedir máis información que polo de agora lles están a negar dende as administracións. Aseguraba unha das afectadas que a preocupacións é excesiva xa que carecen de documentación oficial e, malia o compromiso verbal do concello “queremos papeis, estamos fartos de palabras”.  

Asociación de Nais e Pais
Dende a ANPA critican que as promesas non cheguen acompañadas de documentación
Falta de información
Están a espera de contestación sobre a tramitación do colexio
Abel Losada PSOE
O deputado comprométese a levar esta cuestión ao parlamento galego
Falta de orzamento
NIn na XUnta nin no Estado
Eduardo Reguera PSOE
O socialista anima aos pais e nais a estaren alertas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará