Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O remo galego dáse cita esta fin de semana en Chapela

RR_Noticias

As augas de Arealonga acollerán este domingo dobre competición coa III Bandeira Concello de Redondela de Traiñeiras Femenina e a XXXI Bandeira Masculina. Os remeiros de Samertolameu e Puebla chegan como favoritos na liga masculina mentres que as remeiras de Chapela, segundas na clasificación, tentarán facerse coa vitoria na casa e superar a embarcación de Mecos que ocupa o primeiro posto. As embarcacións femininas serán as primeiras en competir ás 11.30 horas, ás doce será a quenda da categoría masculina.

Coincidindo coa celebración da Festa do Carme o club de Remo Chapela, en colaboración coa concello de Redondela, organizan estas dúas competicións que se corresponden coa sexta xornada da Liga Galega A de Traiñeiras na categoría masculina, coa participación de once clubs, e a cuarta na Liga Galega Feminina composta por cinco embarcacións. O presidente do club de remo Chapela, Julio Prado, destacaba como favoritos para a proba do domingo aos remeiros de Samertolomeu, Puebla e Mecos que ocupan os tres primeiros postos da clasificación. No caso da competición feminina as remeiras de Chapela parten como unhas das favoritas, son segundas, so por baixo da embarcación do club Mecos-Mondariz e con dous puntos menos. Na presentación das Bandeiras o concelleiro de Deportes, Julio Mougán, destacaba o arraigo deste deporte en Redondela e o bo facer do club , especialmente na categoría feminina na que as locais están acadando moi bos resultados. O presidente asegura que loitarán para quedar de primeiras na competición pero recoñece que será complicado ainda que pelexarán até o final . No caso da categoría masculina o nivel de esixencia incrementouse notablemente este ano con equipos moi fortes e logo da forte renovación que sufriu o equipo nos últimos anos e o traballo de canteira sitúa o obxectivo en manterse na Liga A cando remate a tempada. A embarcación de Chapela é novena con once puntos.

Julio Mougán concelleiro Deportes
Subliña a gran tradición que ten o remo en Redondela e o labor que está a facer o club de Chapela
Julio Prado presidente Club de Remo Chapela
A bandeira feminina comezará ás 11.30 e media hora despois as embarcacións maculinas
Favoritos
Samertolameu e Puebla son os favoritos na categoría masculina e as remeiras de Chapela tentarán conseguir unha vitoria na casa
Obxectivos tempada
Gañar a liga feminina e manterse na Liga A na categoría masculina son as metas que se marca o club para esta tempada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará