Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 80 equipos compiten en Cesantes no campionato de balonmán Praia

RR_Noticias

O torneo desenvolverase dende as 15:00 horas de hoxe venres ata o domingo, día no que estñá previsto que se disputen as finais. Estímase que serán preto de mil xogadores de todas as categorías os que participen desta cita con partidos que na fin de semana celebraranse entre as nove da mañá e as nove da noite.

A Praia da Punta de Cesantes será esta fin de semana un punto de referencia para todos os amantes do balonmán e, máis concretamente, do balonmán Praia coa celebración do Torno Concello de Redondela no que participan máis de 80 equipos de toda Galicia con presenza de numerosos xogadores procedentes da SAR e o Balonmán Chapela Un deporte espectacular e dinámico, características que segundo Justo Olea Comesaña, organizador do evento, fai que teña moito tirón entre os xogadores, que se atopan en período de descanso da liga, e sobre todo entre o espectador que goza dunha modalidade deportiva con características propias e nun espazo diferente, como son os areais. Os horarios serán hoxe venres dende as 15:00 ata as 21:00, e xa o sábado e domingo dende as 9:00 da mañá ata as nove da noite con encontros nas categorías senior, xuvenil, cadete e infantil en modalidade masculina e feminina e alevín mixto. 30 horas do mellor desta deporte que, como novidade este ano, xogarase en tres campos simultaneamente.  

Justo Olea Comesaña
Fálanos das cifras que manexa este campionato
Un espectáculo na praia
Un deporte do que gozan os xogadores e o público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará