Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Carla Abad no corpo técnico das xornadas de tecnificación de novos talentos

RR_Noticias

A seleccionadora galega infantil feminina, Carla Abad, foi convocada para formar parte do corpo técnico que participará nas xornadas de observación e tecnificación feminina de talentos nados no ano 2003 que se levarán a cabo do 10 ao 15 de xullo na localidade de Soria. A esta convocatoria acudirán varios dos mellores adestradores nacionais de categorías de base.

Carla Abad, nada en Redondela, conta cunha gran traxectoria coma xogadora. Comezou a  xogar con 9 anos na SAR ata que aos 23 anos fichou polo Guardés, coque xogou dúas copas da Raiña e a Recopa de Europa. Nestes últimos tres anos xogou en División de Honra Prata primeiro co Chapela e despois co Seis do Nadal.
Esta licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte comezou hai uns anos a  adestrar nas categorías base da SAR, Chapela e Cañiza.
Actualmente está a realizar un gran traballo na sección feminina do Balonmán Cañiza.
Carla, no seu segundo ano de seleccionadora das minigalaicas, acadou unha meritoria  medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Territoriais celebrado en Cataluña. Con esta convocatoria estase a premiar o bo traballo da nosa seleccionadora e do balonmán galego en xeral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará