Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas medallas para o remo redondelán no Vao

RR_Noticias

O C.R. Chapela fíxose coa prata na categoría absoluta feminina e o Cesantes coa prata na xuvenil masculina. Na proba, organizada polo Club Remeiros de Vigo en colaboración co Club de Remo Coruxo, Samertolaméu fixo unha gran exhibición. Os de Meira gañaron en sénior e mulleres e Bueu fíxoo na categoría de xuvenís.

Fronte á praia do Vao, con saída e chegada na ponte de Toralla, celebrouse onte a segunda regata do calendario de traiñeiriñas. Nunha xornada espléndida de sol e mar en calma, a primeira regata foi a de categoría feminina e as atletas de Samertolaméu foron en cabeza desde a primeira palada, dominando a regata e a clasificación xeral. Chapela, na segunda serie, tamén foi superior na súa tanda e foron segundas con Mecos, terceiras, a un segundo. Na proba de xuvenil masculino foron os mozos de Bueu os que se impuxeron como claro dominadores. Foi unha auténtica final, pois os catro integrantes da primeira serie anotáronse as catro primeiras posicións da xeral. Bueu impúxose seguido de Samertolaméu e Cesantes, que se disputaron a prata por un suspiro, con Tirán na cuarta posición. E na proba dos absolutos masculinos tamén Samertolaméu foi campión. Dominou fixando os mellores parciais, e foi o único barco que baixou dos catorce minutos (13.59:96). Seguiulle Tirán e Mecos na xeral, a apenas un segundo, con Moaña, cuarto e Amegrove, quinto. Na xornada do sábado, na XXXII Bandeira Concello de Moaña, tamén se impuxo Samertolaméu.
Resultados:
A bsoluto feminino: 1. Samertolaméu, 16.24:41; 2. Chapela, 16.34:38; 3. Mecos, 16.35:66; 4. Coruxo, 17.38:89; 5. Tirán, 17.58:57.
Xuvenil masculino: 1. Bueu, 15.23:03; 2. Samertolaméu, 15.39:16; 3. Cesantes, 15.39:96; 4. Tirán, 16.31:37; 5. Amegrove, 16.41:63.
Absoluto masculino: 1. Samertolaméu, 13.59:96; 2. Tirán, 14.00:81; 3. Mecos, 14.01:66; 4. Moaña, 14.08:50; 5. Meira, 14.11:33.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará