Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha empresa contratada polo Concello pon a punto as praias para a Semana Santa

RR_Noticias

A falta de persoal municipal obriga a Concellería de Medio Ambiente a contratar un servizo externo que se encargará de facer unha limpeza dos areais de Cesantes e Chapela así como das praias de Rande e Soutoxusto. O obxectivo é acondicionar os areais de cara a Semana Santa. O goberno critica que un ano máis a Deputación non envíe nin operarios nin medios para mover a máquina que poñen a disposición dos concellos.

Logo dos meses de inverno e do arrastre das mareas, a Praia de Cesantes é un dos areais que máis lixo acumula. Ante esta situación dende o concello apuran os trámites para contratar unha empresa que se encargará este mesma semana de retirar todo ese lixo (botellas, plásticos, ramas..). Con todo o edil de medio Ambiente Miguel Angel Alvarez apunta que “este ano a situación é mellor que o ano pasado, cando logo dos temporais do inverno retiráronse máis de 100 metros cúbicos de material, incluso algún animal morto de gran tamaño.” Os traballos de limpeza desenvolveranse tamén na praia de Areaonga en Chapela e nas de Rande e Soutuoxuste. Malia que a Deputación pon a disposición dos concellos máquinas para limpar as praias, dende o goberno local quéixanse de que non se proporcione nin operarios nin medios para mover esa máquina “entre os operarios municipais non contamos con ningún traballador capacitado para mover a máquina e aínda que levamos semanas solicitando da Deputación que nos envíe persoal para realizar ese traballo, o organismo provincial négase” explica o edil. Ante esta situación e malia que de cara ao verán si se contrata persoal que se encarga do peneirado e limpeza continuada das praias, agora será unha empresa privada quen realice ese traballo.  

Miguel Angel Álvarez edil de Medio Ambiente
Limpeza necesaria para retirar o material arrastrado durante o inverno
100 metros cúbicos de lixo
Foi o retirado o pasado ano
Críticas a Deputación
A máquina cedida pola Deputación sen persoal non é operativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará