Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero na praza do Concello

RR_Noticias

O Concello de Redondela convida a toda a veciñanza a unirse á concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de abril. O acto, que se desenvolverá o vindeiro luns 3 de abril na praza do Concello ás 19.00 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación de mulleres Agarimo de Chapela. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.

O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará