Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide que se abra expediente á residencia da terceira idade de Pazos por presunto maltrato

RR_Noticias

O BNG presentou un batería de iniciativas no Parlamento en relación ás “graves irregularidades2 detectadas na residencia da terceira idade no Concello de Pazos de Borbén durante unha inspección da Consellería de Política Social. Iregularidades en relación coa sobreocupación das instalacións e a actuación da directora do centor, que decidiu agochar a cinco maiores “en condicións degradantes”.

A deputada por Pontevedra, Montse Prado, recolle a denuncia sindical na que se advirte do feito de que durante a inspección a dirección da residencia Mi Casa mantivo agochadas durante horas a cinco das persoas maiores “en condicións degradantes, a altas temperaturas, sen auga e sen a súa medicación”, coa clara intención de evitar que a inspección detectase unha sobreocupación de prazas sobre as legalmente permitidas, 58 cando en realidade conta con 63 usuarios.
 “Estamos diante dunha actuación moi grave que constata o risco, tantas veces denunciado polo BNG, de converter a atención ás persoas maiores nun negocio en vez dun servizo público”, alegou a deputada, quen cualificou a actuación de “totalmente condenable” ao que se suma “o clima de terror laboral, con ameazas constantes e incumprimentos nas condicións laborais”, segundo denuncia a CIG.
Prado tamén chama atención sobre o feito de que a residencia Mi Casa é a presidente provincial da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra.
Ante a gravidade dos feitos, o Bloque reclama ao Goberno galego que “extreme os controis e as inspeccións para detectar e impedir a sobreocupación das residencias de maiores, tanto privadas como concertadas” e, ao mesmo tempo, “que se abra expediente á residencia de Pazos de Borbén e que se actúe con toda a contundencia”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará