Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nacionalistas de Soutomaior piden que os plenos se celebren en horario de tarde

RR_Noticias

Denuncian que a negativa do PP para acordar un horario para os plenos provoca graves problemas laborais aos membros da oposición, sendo Soutomaior o único concello da comarca no que os plenos se celebran a unha do mediodía. Lembran que este horario imposibilita tamén a asistencia dos veciños.

Explica o BNG que despois das últimas eleccións municipais, o Partido Popular de Soutomaior decidiu cambiar o horario dos plenos (que ata  aquel entón se celebraban ás 20.00 horas) fixando a hora de celebración ás 13.00 horas.
Dende os grupos da oposición criticaron duramente este cambio imposto polo PP alegando que era un  horario que dificultaría por unha banda, que os veciños puidesen asistir e pola outra, que os representantes puidesen conciliar o labor político co laboral.
Por ese motivo, o edil nacionalista Manu Lourenzo enviou unha carta a Agustín Reguera hai 3 meses solicitando unha xuntanza para chegar a un acordo neste e noutros aspectos pero a día de hoxe esa carta nin sequera tivo resposta. A este respecto , o voceiro do BNG sinalaba que “cando Agustín Reguera actúa deste xeito a quen está desprezando non é aos representantes dos veciños, senón aos 1600 veciños que votaron BNG nas últimas eleccións.  Negarse a manter unha xuntanza cos representantes veciñais para chegar a un acordo, é algo que o cualifica política e moralmente a quen o fai”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará