Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Enrique Sánchez Sotelo: “As pequenas editoriais acusan a falta de textos de calidade”

RR_Noticias

Atención personalizada, especial mimo á hora de publicar os seus libros e, sobre todo, apostar por obras de calidade son os elementos distintivos das pequenas editoriais que proliferaron nos últimos anos, e que viven o seu particular esplendor nun sector difícil e marcado pola incerteza. De todo isto falará este venres ás 20:30 horas Enrique Sánchez Sotelo, editor da viguesa Discursiva, nun acto organizado pola Asociación Amigos das Bibliotecas que se vai desenvolver na Casa da Cultura.

Malia a crise que afecta de forma especialmente intensa ao sector cultural, hai quen aposta por poñer en marcha proxectos vinculados co libro, e máis concretamente coa edición. É o caso de Enrique Sánchez Sotelo quen compaxina o seu traballo de profesor e escritor coa súa faceta como editor na editorial viguesa Discursiva. Un proxecto no que se embarcou hai pouco máis de dous anos co obxectivo de dar cabida a textos de calidade pero que por diferentes razóns non chegan ás grandes editoriais. Con especial interese pola poesía teñen publicado tamén libros de ensaio, novela histórica e incluso se teñen embarcado nalgún proxecto de carácter infantil. Sánchez Sotelo salienta a importancia destas pequenas editoriais “porque son a única forma de que autores de obra con moita calidade poidan publicar, sobre todo, unha saída para os autores noveles”. E precisamente iso é o que demanda, que os autores lles envíen os seus textos porque unha das carencias coas que se enfrontan é a de non contar moitas propostas “chégannos moi poucos textos o que non nos deixa moitas opción entre as que escoller”.  

Enrique Sánchez Sotelo editor
Salienta a necesidade de editoriais que dean cabida a autores aínda non consagrados
Poucos textos
Non reciben todo o material que desexarían

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará